Arroaces. Ata 400 viven nas Rías Baixas. E móvense dunha a outra, coma quen visita os amigos. Quen lle segue a pista é a xente do BDRI, o centro de investigación do medio mariño do Grove.
No Grove tamén están as Salgadeiras de Moreira, o museo etnográfico da pesca e a salazón. Outros expedicionarios, os do proxecto Recaladas no Camiño, andiveron en setembro descubrindo o patrimonio industrial do mar na ría de Vigo e na de Arousa. Que hai moito e moi descoñecido.