Un dos mellores plans de verán é ir á aldea, pero non todo o mundo está preparado para a vida no rural. En Ribadesella tiveron que colgar un cartel advertindo disto. Preguntamos a A Maquía Pousavedra, casa rural en Sober, sobre como responde á xente aos ruidos, ou a súa ausencia. Ás veces, estes urbanitas atopan eses sons ao carón da ventá da súa casa… e toca cambiar de lugar o galiñeiro! Iso pasou nun colexio de Vigo, no Celso Emilio Ferreiro, onde ademáis de horto escolar tiñan galiñeiro.
Tamén damos unha volta pola arquitectura popular, os pendellos son unha das súas maiores expresións. Coñecemos os de Agolada.