Probador de videoxogos, testador de colchóns, vixilante dunha illa deserta, garda dunha villa de luxo na que non vive niguén… hai traballos que non o parecen… e os vosos? Seguro que sodes máis como as abellas que non parades. Elas fan un mel delicioso, e que ten Indicación Xeográfica Protexida Mel De Galicia. E agora tamén cosmética: Belacosmética.
Ademáis, o grupo vigués BATEA estrea disco: "Tampoco somos los Rolling" un formato moi peculiar.
E de traballadores incansable seguimos falando co luthier Luis Martins, que trouxo da pedra á realidade os instrumentos da portada de San Martiño de Noia. Escoitádelos no "O uniforme movemento divino".