Última cita dos monográficos arredor da oralidade. Desta volta veñen hoxe ata o Verbum Félix e Cástor Castro Lorenzo, para falar dos monstros nos pregos de Cordel e noutros escritos. Ademáis, conversamos con Raquel Mascaraque que ven de presentar o seu libro “¡A cerebrar!”, unha viaxe polas emocións. E a xente do proxecto Cansat cóntanos que tal o seu satélite, se deu chegado ben á terra.