Me cagho no demo de Anllóns

Me cagho no demo de Anllóns (A historia completa)


Listen Later

Diana traballa de asesora de empresas, ten un nivel económico aceptable, non tan bo como lle gustaría, pero aceptable; e, aínda así, gusta de aproveitar as cousas que atopa ó lado dos colectores do lixo para decorar a súa casa. Goza tanto do aforro como do proceso de restauración. Un día atopa unha cadeira de brazos cun estampado que lle chama a atención pero que está desfondada. Xa na casa, comeza a desmontala para limpala e arranxala e descobre que, por debaixo, ten uns versos escritos. Os versos fanlle gracia e sóltaos a mínima ocasión que se lle presenta sen saber que o que está facendo, en realidade, é desconxurar, é dicir, liberar ó demo de Anllóns.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Me cagho no demo de AnllónsBy Raquel Couto Antelo