Novos xeitos para novos tempos. Mónica Lalanda, médica e ilustradora. Entre guardia e guardia debuxou as viñetas que compoñen "Con conciencia médica". Un libro que recolle situacións nas que se atopa o persoal médico en consultas e en urxencias. Agora explica a medicina dende a ilustración. Poucos son, polo dagora, os profesionais sanitarios que se adican a facer medicina así. Unha imaxe vale mais que mil palabras: medicinagrafica.com
Os venres o Esperta ven cultureta na última parte. Por se andades escasos de ideas e queredes sair da casa a un lugar quentiño, hoxe veñen propostas para ir ó cine con Eloy, este veciño de Valladares amante das historias contadas na gran pantalla. Afortunados que somos, a última de Scorsese podémola ver nos norte.