ESPERTA VALLADARES

Mércores 09/06/2021


Listen Later

Facer deporte por facer deporte. Sabedes que Galicia é unha potencia no voleibol? Con Guillermo Touza, presidente do Club Vigo Voleibol, coñecemos xogadores históricos, que as rapazas senior están na primeira liga galega, os xunvenís andan no campionato de España e descubrimos tamén outros lugares onde se practica Boiro, San Sadurnino e Lugo.
Coma sempre o verán chega de golpe e píllanos coa crema solar no fondo do bolso da praia… e o parasol no brazo.
Está con nós a xente de Ezpeleta Rain. Desta volta, desenvolveron uns parasois que axudan a reducir a contaminación. Nanotecnoloxia con óxido de titanio imitando o proceso natural das follas das plantas. Algo mais? Creado por xente galega en Galicia.
Paseando polo Progreso, descubrimos a Pablo Rosendo, un ilustrador vigués que leva ao cómic as nosas fotos e recordos. Garda un bo recordo de “Sendas de Ons” porque o pintaron alí camiñando pola illa pintando cada rincón e “O can Gastón” ilustra a historia do que era o seu can.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARESBy Radio Valladares