Os mércores toca deporte… desta volta waterpolo, que dende Waterpolo RCN Vigo teñen moito que contar. O proxecto de reflotalo neste clube comezou hai 10 anos… e vai dando xa froitos: O equipo senior masculino ven de gañar a liga autonómica e quedar séptimo no campionato de terceira división nacional. E o feminino quedaron subcampionas na liga feminina de División de Honor a nivel autonómico. En xeral, en Galicia o nivel anda xustiño para chegar a unha division nacional. Cada ano están mais cerca dos fortes: Cataluña, Madrid, País Vasco e Andalucía!
Na auga os nenos divírtense con nada, pero fora? Unha caixa é un misterio, q haberá dentro….q non se fai cunha caixa? Dende un barco a un avión, xogando coa imaxinación. Para as de Sarabela Teatro foi a excusa perfecta para unha das súas montaxes e compartíronno con nós. Agora andan no Ler conta moito nas bibliotecas, no Miteu (teatro universitario), van estar na MIT de Ribadavia. E en setembro, inician a producción dun novo espectáculo sobre o mito artúrico… e moito mais. 41 anos dan para moito sí.