É mércores… así que falamos de deportes e centrámonos no mundo do pádel. Un deporte que en Vigo non deixa de crecer. De feito, están a piques de inaugurar un novo centro en Sárdoma, Twelve Pádel. De cales son os seus beneficios para a saúde, do seu boom, de palas e pelotas… aprendemos moito porque conversamos cun adestrador.
Nos últimos tempos os ximnasios cambiaron moito. De como acondicionar as instalacións deportivas cóntanos Luís Piña, socio de Puntodeporte.com.
E outro cambiamento. Cando hai lesións, despois do fisio toca fortalecer. A iso se adica Naza Tilve. Exercicio físico e saúde, especialmente despois de enfermidades coma os cancros de mama ou de próstata.