De crews e movementos urbanos vai o #EspertaValladares esta mañá. Falaremos de hip hop con Bea, que adestra en Dance Academy e ademáis, fai mover ós cativos no campamento da cultural en Valladares. Tamén daremos un paseo co grupo USk Vigo dende a escultura de Xulio Verne ata o Sireno, mais ou menos Porque falando das súas quedadas para pintar a cidade, chegamos á Ronda de Don Bosco, onde se atopa o taller de acuarelas Sepia Art Shop.