Paseamos? En bici coñeceremos ás 'Diosas de Bratislava', que compartiron un ratiño de pedaleo coas @womaninbike_valminor. Percorremos os piñeiros do mundo en Saiáns. E, como é tempo de setas e cugumelos varios, en Montes de Vigo teñen cursos para coñecelos. Tamén paramos na Misión Biolóxica de Galicia, onde acaba de chegar a investigadora Cristina Fernández, que da cultura dos lumes sabe un chisco.