Remata o curso… tamén as tempadas deportivas. Falamos de patinaxe con Tamara Valderrama sobre o CLUB Patinaxe Artística Valladares (xoves ás 19:30 fan exhibición no pavillón). Ademáis, achegámonos ata Beade, onde nos espera a plataforma Avibe, Afectados Vial Beade-Vigo. E a piques de chegar ao San Xoán, flores e plantas da man dun experto, Francisco Javier Silva, profesor do Centro de Investigación Forestal de Lourizán.