Noite de San Xoán: fogueiras e herbas. Sabedes cales hai que buscar? O ramo varía moito dunha parroquia a outra. Afonso Rodríguez, da Comunidade de Montes de Coruxo, cóntanos que alí leva:
sabugueiro, herba de san xoán (hipérico), aromáticas (romeu, hortelán…), a fenta, follas (viño, acibro ou nogueira), tromentelo, cerquiño e mirto.
Á sardiñada da noite acompáñase de viño. Tinto ou branco? Sabedes o que bebedes? Botade un ollo a este documental: Envino Veritas. Conversamos co seu director, Pablo Alonso.
https://www.youtube.com/watch?v=msl26L2uotk
E se a noite se presta, podemos xogar á billarda ou á chave. Por certo, xa temos Federación Galega de deportes autóctonos. Con eles, tamén falamos.