ESPERTA VALLADARES

Mércores 23/12/2020


Listen Later

Despois da aprobación da reforma do Plan Especial da Reforma do Casco Vello, que aproba o uso público dotacional da Panificadora, buscamos insipiración sobre o usos que se lle poidan dar a estas instalacións na cidade. Conversamos con Diego Garulo do proxecto Harinera ZGZ, que nos fala do seu modelo de cogobernanza participativo. Tamén intercambiamos impresións con Uxío Reinoso de Vigo Industrial para coñecer a historia e posibilidades de acción en Vigo.
E con moita retranca escoitamos unhas coplas sobre a Panificadora. A regueifa está de festa. Esta fin de semana en Valladares celébrase o certame internacional. Xa van mais de 20 edicións.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARESBy Radio Valladares