Apurando ata o último momento, así facemos moitas cousas, dende pagar unha multa a entregar documentación, aínda que hai quen prefire ser un pouco máis previsor. Desirée Vila é un bo exemplo disto, ela xa acadou o seu billete para Tokio, e cóntanos a súa experiencia.
De como escribir con xeito no día a día, falamos con Armando Álvarez, xornalista deportivo no Faro de Vigo. Vinte anos contando os deportes da cidade aportan unha visión interesante.
E tamén conversamos de conservas con Rebe de Comuna Nutriva. Sabíades que temos ata 12 tipos de conservación de alimentos? Tráenos a lista do compra para que miremos o que podemos aforrar.