Rematou o verán e con el a tempada de traineras. Imos ata Moaña, falar coa xente da S.D. Tiran Pereira, que acadou o ascenso á Liga Euskotren. Ademáis, a Eurocidade Tui-Valença acolle estes días o MUMi - encontro profesional de música de Galiza e Portugal, a ver que nos contan. E visita a radio Cé orquestra pantasma, para presentar o proxecto CUCO, ideado por Anxo Moure.