Entrevistamos a Manolo Lois, responsable de Cáritas en Ponte Caldelas, quen nos falou sobre a mesa redonda que terá lugar esta tarde, ás 19:30 horas, no Mercadillo de Cáritas en Ponte Caldelas sobre "Unha aproximación á nosa realidade social máis cercana" na que intervirán Ana María Pazos Sánchez (traballadora social) e Eva María Moldes Casal (educadora social) así como Manuel Lois Martínez, director da Agrupación de Cáritas de Ponte Caldelas.