Francisco Couselo mantivo unha conversa co presidente do TECOR Verdeseixo, José Ramón Blanco, e con varios participantes na última montería celebrada o pasado sábado en Ponte Caldelas como Sonia García González, Enrique Manuel Barreiro Romano e José Ángel Rey Martínez. A charla analizou as diferencias entre montería e batida e tamén as complicadas relacións sociais que existen no mundo da caza.