Esta mañá desprazamos a unidade móbil de RADIO NOVA ata a aula de música do Colexio de Carballedo onde pudemos coñecer da man de Daniel Vidal, responsable da asociación cultural que promove a mostra-concurso de espantallos da Ruta do Río Barbeira, os últimos desta iniciativa que será presentada na súa VII edición este sábado. O Colexio de Carballedo participa cunha serie de espantallos elaborados polos alumos de 5º e 6º de Primaria baixo a coordinación das profesoras Sandra Álvarez Alonso e Verónica Simón Mejuto e baixo o título "Un ano de cine". Entrevistamos tamén aos alumnos de 5º e 6º para que nos comentaran as súas impresións sobre esta iniciativa.