Alberto Rodríguez entrevistou no seu programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN a Miguel Lorenzo, adestrado do equipo Alevín "A" do Pontecaldelas que este ano xogarán na modalidade de fútbol 11 debido a grande número de rapaces cos que conta esta categoría o que facilitará que poidan xogar máis nenos e durante máis tempo nos partidos. Tamén analizou a actualidade deportiva e anunciou que este domingo RADIO NOVA retransmitirá en directo, desde Chan da Barcia, o partido PONTECALDELAS-MOSTEIRO da Segunda División Autonómica, a partir das 17 horas.