Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
- Comezan as obras na rúa Augusto González Besada que conlevan cambios de dirección en dúas rúas do centro urbano
- Mañá preséntase o estudo de mobilidade da Eurocidade Tui–Valença no marco das xornadas de “Mobilidade Urbana Sustentable” que van ter lugar na Biblioteca Municipal de Valença
- A limpeza das faixas secundarias, clave na prevención de incendios forestais
- Pechamos a rolda polos centros educativos de Tui co IES San Paio que xa ten en funcionamento o seu ascensor
- Última semana para matricularse na Sección da Escola Oficial de Idiomas de Tui
- A Aula CEMIT de Tui acolle este sábado un dos seminarios do Día de Scratch
- O artista tudense Carlos Fer inaugurou a pasada semana a súa exposición "Limiares acuosos" na Casa Galega da Cultura en Vigo
- Hoxe é o último día para facer a reserva para a “Cea Sefardí: Gastronomía, Música e Patrimonio no Parador de Tui”
- Resultados e información deportiva