Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
- O paro subiu en 19 persoas no Baixo Miño até ás 2.525 en situación de desemprego
- O Concello de Tui conmemora o 8M baixo o lema “Dereitos, Xustiza e Acción, por e para todas”, cun cartel deseñado por Luz Beloso e unha programación que sitúa no centro do debate a necesidade de avanzar cara a unha xustiza real e efectiva para as mulleres
- O proxecto Trax II do IES Indalecio Pérez Tizón de Tui e o CEP Altamira de Salceda terciero premio Innovagal na categoría de Educación Secundaria
- ACITUI celebra este xoves asemblea ordinaria, o venres comeza a ruta Tú-y D'Tapas, e o luns 9 a campaña promocional do comercio local co gallo do Día do Pai
- O Centro Cultural de Pexegueiro acolle esta tarde a charla informativa sobre prevención de incendios forestais e faixas secundarias
- O Cineclub Tui proxecta esta tarde 'Caramel' de Nadine Labaki
- Charla - coloquio “Fame e saciedade” este xoves no Centro Sociocomunitario organizada pola Asociación Párkinson Baixo Miño
- Máis de 500 inscritos na Ultreia 2026 que sairá de Tui o domingo 12 de abril e contará cunha camiseta conmemorativa dedicada á Catedral
- O Tyde celebra o seu centenario
- ...