Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
- O Concello de Tui traballa no proxecto de medidas urxentes tras o desprendemento de pedras da cornixa do Teatro Principal
- A Garda Civil de Tui detén a dous veciños da Guarda coma presuntos autores de dous roubos con forza e a un veciño da Cañiza por un presunto delito de tráfico de drogas
- Até o xoves 25 pódense solicitar as axudas da Xunta para a obtención dos premisos de conducir A2 e B
- A Aula CEMIT de Tui acolle este sábado un dos seminarios do Día de Scratch e o martes 30 dous obradoiros de competencias dixitais para desempregados e persoas maiores
- O domingo terá lugar o xogo de escapismo “A comunidade xudía de Tui”, dende a Oficina Municipal de Turismo
- O sábado remata o prazo de inscrición para participar no acto cívico “Os viños de Castelao”
- Esta fin de semana celébrase en Tui o Concurso Nacional de Saltos que congregará a máis dun cento de xinetes e amazonas