Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
- Sete coches resultaron afectados polo lume nun incendio rexistrado esta madrugada no exterior dun taller na Torre, en Paramos
- O SLG exise á Consellaría do Medio Rural o mantemento da oficina de rexistro da oficina agraria de Tui
- O alumnado de 1º de Bacharelato do IES Indalecio Pérez Tizón realizou un proxecto sobre a alimentación do alumnado e profesorado
- O BNG de Tui celebra esta tarde o acto “Castelao Nacionalista Galego” no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela
- Historia, natureza e misticismo na Noite de San Xoán que organiza a Fada do Aloia este sábado
- O sábado celebrarase en Areas a Festa do porco ao espeto no torreiro vello de festas
- O equipo alevín do Tyde foi recibido esta mañá no Concello antes de partir ao Torneo Internacional de Versmold