Informativos

Noticias 13.30 h | Xoves, 4 de setembro de 2025


Listen Later

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
- Hoxe e mañá está cortada ao tráfico a estrada de subida ao Parque Natural do Monte Aloia á altura do parque da Macoca até a cruzamento coa estrada que vai a Circos
- O “Setembro xudeu” en Tui comeza mañá ás 21.30 h na praza do Pracer co concerto de música sefardí á luz das candeas “Arvolicos lejanos”
- O Concello de Tui pon a punto os centros educativos para o novo curso
- Hoxe na Semana Cultural de Randufe, cita co ilusionismo con Sara Rodríguez
- Mañá continúa o programa Feminino Plural coas “Pedaladas para o corazón” no Paseo Fluvial
- A Escola de Música da Banda Popular de Tui organiza un curso de Musicoterapia
- A Comisión de Festas de Rebordáns vén de abrir unha canle de Whatsapp e organiza unha andaina nocturna para o día 27
- O CB Tui senior e infantil masculino xogan hoxe un amistoso ante o Torrelodones no Pavillón de Tui
- O Tyde celebra mañá, venres, a súa Asemblea de socios
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

InformativosBy Radio Municipal de Tui