
Sign up to save your podcasts
Or


Isto é un podcast sobre música galega. E non calquera música: a dos novos anos vinte, que xa non son felices, senón violentos. Se dos últimos anos vinte nacera a convención do alienante estado de felicidade que marcou a cultura de masas, nos nosos buscamos ser un espello do que está sucedendo ao noso carón: grupos tocando nos locais das nosas cidades e artistas novos creando música na súa habitación. Queremos habilitar un espazo aberto á conversa —sempre pacífica, malia que o título engane— arredor da escena musical galega. Presentado por Celia Eiras, Anxo Fariñas e Daniel Portela e a colaboración dos artistas Grande Amore e Berto. Arrancamos o vindeiro mércores, 15 de marzo, e a partir de aí, cada dúas semanas da man da revista dixital VINTE!
By Violentos Anos VinteIsto é un podcast sobre música galega. E non calquera música: a dos novos anos vinte, que xa non son felices, senón violentos. Se dos últimos anos vinte nacera a convención do alienante estado de felicidade que marcou a cultura de masas, nos nosos buscamos ser un espello do que está sucedendo ao noso carón: grupos tocando nos locais das nosas cidades e artistas novos creando música na súa habitación. Queremos habilitar un espazo aberto á conversa —sempre pacífica, malia que o título engane— arredor da escena musical galega. Presentado por Celia Eiras, Anxo Fariñas e Daniel Portela e a colaboración dos artistas Grande Amore e Berto. Arrancamos o vindeiro mércores, 15 de marzo, e a partir de aí, cada dúas semanas da man da revista dixital VINTE!