Coñecemos o Vigo Pesqueiro. Da importancia que ten para a cidade e das actividades que se organizan para poñelo en valor conversamos con María Caldeiro.
E das posibilidades dos océanos de satisfacer as necesidades alimentarias conversamos con Elena Ojea, investigadora e directora do Future Oceans Lab no Cuvi
Na moda, artesáns do deseño. Descubrimos como vai ser o traxe da marquesa de Valladares. Vainos guiar este outono polo ceminterio de Pereiró.
Hai case 100 anos en Sálvora. tres mulleres salvaron a pasaxeiros nun barco que ía cara Arxentina e afundía alí mesmo. A illa das mentiras, chega ó cine. De como foi encarnar á María, unha desas mulleres, da detalles a actriz Nerea Barros.