Mércores, 10 de febreiro de 2016, esta semana o mar bravo trouxo sorpresas nas ondas das nosas radios con este novo programa EN DIRECTO da goleta radiofónica "Ó NOSO XEITO", de radio Roncudo Corme e retransmitidos, o unísono por radio Neria Corcubión. Hoxe as 23:10 h estarán a bordo na sección de entrevistas Fernando Patricio Cortizo, Modesto Fraga Moure e Jose Estevez ; navegaremos nese trepidante directo das derradeiras radios libres da Costa Verdescente. Óscar de Souto como locutor e Juanito Comején no temón ..... fusionarán cultura, radio, sociedade, novas e música para que nesta decimoquita emisión da segunda singladura cheguemos a toda a Costeira dende Muros ata Malpica pola 106.1 FM Norte e na 107.8 FM Sur. O programa repítese os sábados pola mañán as 11.
-
Séguenos tamén polo facebook nesta entrada: https://www.facebook.com/groups/517036121805142/?fref=ts
Medren as nosas Comarcas, medre a nosa Costa e medren as nosas derradeiras radios libres !!!!!!!
-
Para o resto do planeta.... tamén poderedes escoitarnos por internet nas seguintes entradas:
http://radioroncudo.caster.fm/
https://radioroncudo.wordpress.com/
http://radioneria.blogspot.com/