Podcast Programas de Radio Roncudo

O noso xeito 2x18


Listen Later

Hoxe, mércores , 2 de marzo de 2016, as 23:10 h emitiremos o directo adicado a "RAMÓN OTERO PERAYO", dende a goleta radiofónica "Ó NOSO XEITO", de radio Roncudo Corme e retransmitidos, o unísono, por radio Neria Corcubión.
Estarán a bordo, na sección de entrevistas, Armando Fernandez Lopez das radios galegas en Cataluña, Jacobo S. Quintela Jaki e outras sorpesiñas ; navegaremos nese trepidante directo das derradeiras radios libres da Costa Verdescente con Juanito Comején no temón deste barco radiofónico....e Óscar de Souto, un servidor, como aprendiz de locutor ..... fusionaremos cultura, radio, sociedade, novas e música para que nesta decimo-oitava emisión da segunda singladura 2016 cheguemos a toda a Costeira dende Arou ata Malpica pola 106.1 FM Norte e dende Muros ata Camariñas pola 107.8 FM Sur.
-
O programa repítese SEMPRE os sábados pola mañán as 11.
-
Séguenos tamén polo facebook nesta entrada:
https://www.facebook.com/groups/517036121805142/?fref=ts
-
Medren as nosas Comarcas, medre a nosa Costa e medren as nosas derradeiras radios libres !!!!!!!
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast Programas de Radio RoncudoBy radioroncudo