Podcast Programas de Radio Roncudo

O noso xeito 2x21


Listen Later

Presentado por Óscar de Souto na noite dos mércores. Programa cultural con axenda do país. Entrevistas e participación de perdoeiros da cultura.
SÁBADO SABADETE , 2 de ABRIL, AUGAS MIL, de 2016, as 11:00 h (POLA MAÑÁN) RE-EMITIREMOS o replay, dende a goleta radiofónica "Ó NOSO XEITO", do 21º programa da segunda singladura 2016, programa de radio Roncudo Corme e retransmitidos, o unísono, coma sempre, por radio Neria Corcubión.
-
-Adicado ao poeta, narrador e xuiz de lei Fermín Bouza-Brey polo aniversario do seu nacemento un 31 de marzal do ano 1901.
-
Estarán a bordo, na sección de entrevistas, Pepa Nieto Busto, Viki Rivadulla e outras sorpesiñas ; navegaremos nese trepidante directo das derradeiras radios libres da Costa Verdescente con Juanito Comején no temón deste barco radiofónico....e Óscar de Souto, un servidor, como aprendiz de locutor ..... fusionaremos cultura, radio, sociedade, novas e música para que nesta decimo-novena emisión da segunda singladura 2016 cheguemos a toda a Costeira dende Arou ata Malpica pola 106.1 FM Norte e dende Muros ata Camariñas pola 107.8 FM Sur.
-
O programa repítese SEMPRE os sábados pola mañán as 11.
-
Séguenos tamén polo facebook nesta entrada:
https://www.facebook.com/groups/517036121805142/?fref=ts
-
Medren as nosas Comarcas, medre a nosa Costa e medren as nosas derradeiras radios libres !!!!!!!
-
Para o resto do planeta.... tamén poderedes escoitarnos por internet nas seguintes entradas:
....
http://radioroncudo.caster.fm/
http://37.59.121.120/player/neriafm/index3.php
https://radioroncudo.wordpress.com/
http://radioneria.blogspot.com/
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast Programas de Radio RoncudoBy radioroncudo