Efervesciencia

O que nos ensinan as células zombies do envellecemento


Listen Later

Celebrouse en Santiago a reunión anual da Rede Nacional de Senescencia Celular. E alí levamos os micrófonos de Efervesciencia para coñecer os máis novidosos avances sobre o envellecemento. Foi o noso anfitrión Manuel Collado, do grupo de "Senescencia Celular en Cancro e Envellecemento" do IDIS. Conversamos co investigador Manuel Serrano (IRB Barcelona), que vén de ser fichado por Jeff Bezos e Yuri Milner para Altos Lab. Este laborarorio privado pretende ser a vangarda mundial en investigación sobre envellecemento. Tamén falamos con María Abad (VHIO), Joaquin Aribas (VHIO), Ramón Martínez (UV) e Ignacio Palmero (UAM). Dramatizamos o relato "Os océanos teñen voz" de Diego Parada, gañador do concurso Inspiraciencia na categoría de mocidade en galego.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

EfervescienciaBy Radio Galega