"O Teleclube" pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'.
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'
O director de "Trainspotting" e "Slumdog Millionaire" dirixe a terceira película desta serie que empezou hai 23 anos. Como di o título, esta vez os acontecementos ocurren 28 anos despois do brote de 'rabia' que infectou a Gran Bretaña.
A película segue a tendencia de revisitar películas clásicas con secuelas décadas despois. Esta pagará a pena ou será outra continuación innecesaria? Escóitanos para averigualo!
Veste con nós a unha nova sesión de cine?
🧐 E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube 💜. E non dubides en escoitar os episodios anteriores en Spotify, iVoox e na web de O Salto Galiza.