Radio Almaina

O Teleclube 03×02: «One Battle After Another»


Listen Later

‘O Teleclube’ únese á revolución en ‘Unha batalla tras outra’.

Paul Thomas Anderson dirixe a Leonardo DiCaprio na súa nova película, unha sorte de versión épica de ‘O gran Lebowski’.

Anderson estrea o que, se non é a súa obra máis abiciosa, si que é a produción máis grande da súa carreira. Un ex-revolucionario estadounidense Pat Calhoun (DiCaprio) ten que rescatar á súa filla (Chase Infiniti) dun coronel lunático (Sean Penn) anos despois da súa actividade como guerrilleiro.

Anderson expoñe a actualidade política dos Estados Unidos de campos de inmigración e poderosos e ridículos fascistas nunha comedía épica que moitas están chamando a mellor película do ano.

Escoítanos para ver se estamos de acordo!

Veste con nós a outra sesión de cine?

🧐 E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube 💜. E non dubides en escoitar os episodios anteriores en Spotify, iVoox e na web de O Salto Galiza.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Radio AlmainaBy Radio Almaina