A Cañada Real e as habitantes da 'Cidade sen sono' protagonizan o novo episodio de 'O Teleclube'.
Guillermo Galoe adéntrase nas vidas da xente da Cañada Real para levar as súas historias á gran pantalla.
Con "Cidade sen sono", Galoe estrea a súa primeira longametraxe de ficción, unha obra inmensamente humana sobre a Cañada Real, o asentamento irregular máis grande de Europa que queda xusto nas aforas de Madrid e que leva máis de 5 anos sen luz. A película conta a historia da chegada á madurez de Toni (Antonio Fernández Gabarre), un adolescente que está pasando por moitos cambios, incluíndo a decisión da súa familia de marcharse do seu fogar ou quedarse.
Galeo leva anos traballando na Cañada Real, e co resto do elenco e equipo consigue contar unha historia sobre esta comunidade marxinalizada dun xeito realista e edificante.
Veste con nós a unha nova sesión de cine?
E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube . E non dubides en escoitar os episodios anteriores en Spotify, iVoox e na web de O Salto Galiza.