Radio Almaina

O Teleclube 03×10: «La chica zurda»


Listen Later

‘O Teleclube’ viaxa a Taiwan con ‘A rapaza zurda’

Shih-Ching Tsou, colaboradora de Sean Baker, dirixe a súa primeira película en solitario na súa terra natal.

Shih transpórtanos a un Taipéi caleidoscópico cheo de luces e cores e cóntanos unha historia dende o punto de vista de tres mulleres: unha nai solteira, e as súas dúas fillas, unha maior de idade e a outra pequena, a encantadora I-Jing (Nina Ye).

Despois de mudarse á gran cidade, as tres encaran unha nova vida e dificultades económicas e familiares.

Veste con nós a unha nova sesión de cine?

🧐 E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube 💜. E non dubides en escoitar os episodios anteriores en Spotify, iVoox e na web de O Salto Galiza.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Radio AlmainaBy Radio Almaina