'O Teleclube' déixase guiar por 'As liñas descontinuas' de Anxos Fazáns.
A directora galega estrea a súa segunda longametraxe que está en cines agora.
Denís (Adam Prieto), un rapaz novo que é trans, e Bea (Mara Sánchez), unha muller duns 50 anos en proceso de divorcio, protagonizan a nova película de Fazáns, un filme tenro sobre unha relación que se dá por casualidade.
Fazáns leva esta historia de amor inesperado á pantalla con calma e sutileza, e emprega unha banda sonora que está composta por algúns dos mellores grupos galegos do pasado e presente.
Veste con nós a unha nova sesión de cine para celebrar esta nova obra galega dunha voz emerxente? Tamén en Ivoox.
E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube . E non dubides en escoitar os episodios anteriores en Spotify, iVoox e na web de O Salto Galiza.