Alberto Rodríguez entrevistou no programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN a Óscar Parada, adestrador do Caroi, equipo que está a piques de cumprir 40 anos e que milita na Terceira Autonómica de fútbol. Parada sinalou que o seu proxecto era a medio prazo e que un dos inconvintes que están tentando superar é a conformación dun equipo sin tempo para prepararse e facer pretemporada. Espera ofrecer á afección unha boa imaxe e bo fútbol.