Patios vivos. Iso que é? Un patio andaluz cheo de xeranios? Podería ser... pero non. Conversamos con Judit da Cooperativa Miudiño, que andan niso. Tamén imos ata o cole Gándara en Gondomar, para continuar falando desta maxia da natureza e de aprender nela ou con ela.
27 de setembro é día de moitas cousas. É fridaysforfuture, o día europeo dos investigadores e o día mundial do turismo. Curioseamos a ver que se fai por Vigo adiante nestes movementos.