PodHéroes

PodHéroes

By Denís IglesiasSportsSoccer
Download on the App Store

PodHéroes episodes

  • Notas de voz | 1x01 Neyder, selección | LUGOSLAVIA

    Notas de voz é un podcast de pequenos fragmentos sonoros sobre a actualidade do CD Lugo. Está elaborado por www.lugoslavia.gal, proxecto editorial sen ánimo de lucro nacido en 2015, feito por seareiros do equipo albivermello.

    Neste primeiro capítulo falamos de Neyder Lozano, a gran fichaxe do mercado de verán dun equipo que, malia os 11 anos en #LigaSmartBank, segue a ser o último da fila en orzamentos e límite salarial.

    9 min
  • PodHéroes. 1x06 Especial 8 Aniversario do ascenso
    Nesta sexta entrega, Rubén F. Dorado, xornalista de Lugoslavia, lembra con Borja García e Denís Iglesias, dous dos autores do Documental Héroes xunto Xabi Piñeiro, a gravación deste proxecto. Faino cando se cumpren oito anos do máxico ascenso no Carranza.
    47 min
  • PodHéroes. 1x05 Pablo Durán

    O ascenso do CD Lugo a Segunda División no Carranza viviuse dende moitos prismas. Un deles correspóndelle ós xornalistas que cubriron un feito histórico para o club albivermello. É o caso de Pablo Durán, redactor de El Progreso, protagonista deste quinto capítulo de #PodHéroes, un dos nosos maiores apoios nesta aventura. Escoita, sen cortes, a conversa que mantivemos con el. 

    56 min
  • PodHéroes. 1x04 Rubén García
    Cuarta entrega do #PodHéroes, o podcast sobre o #DocuHéroes. Neste capítulo reproducimos de xeito íntegro a entrevista que lle fixemos a Rubén García sendo este xogador do seu Barco natal. Unha hora sen cortes sobre aquela máxima temporada 2011/2012 do CD Lugo.
    54 min
  • PodHéroes. 1x03 Carlos e Iñaki Hermosilla Alaña
    No terceiro capítulo escoitaredes a entrevista íntegra con dous protagonistas moi especiais... Os Hermosilla Alaña! Os árbitros daquel decisivo Cádiz - CD Lugo do Carranza. Eles mesmos quixeron sair no documental. Para eles tamén foi o partido das súas vidas.
    50 min
  • PodHérores. 1x02 Iván González
    No segundo capítulo do podcast de DocuHérores, o documental que narra o ascenso do CD Lugo a Segunda División, reproducimos a entrevista a Iván González. Ariete que non puido gozar de todos os minutos que quixera por mor das lesións. Pero sen dúbida un xogador carismático sempre disposto a dar a cara polos seus.
    1 hr 1 min
  • PodHéroes. 1x01 Carlos Mouriz
    O Documental Héroes narra o ascenso do CD Lugo a Segunda División. É un proxecto feito por tres afeccionados do club albivermello: Borja García, Xabi Piñeiro e Denís Iglesias. Este podcast nace para reproducir de xeito íntegro as conversas que mantivemos con algunhas das persoas entrevistados. No primeiro capítulo falamos con Carlos Mouriz, director deportivo daquel plantel.
    1 hr 10 min

About PodHéroes

From the publisher's feed

O Documental Héroes narra o ascenso do CD Lugo a Segunda División. É un proxecto feito por tres afeccionados do club albivermello: Borja García, Xabi Piñeiro e Denís Iglesias. Este podcast,…