CAZA E NATUREZA

Programa caza e natureza con francisco couselo en radio nova


Listen Later

O programa CAZA E NATUREZA, que dirixe e presenta Francisco Couselo, entrevistou ao director xerente de MUTUASPORT, Javier Vergés Roger, con quen analizou a importancia de contar cun seguro de confianza e serio á hora de practicar un deporte e especialmente a actividade cinexética. Falaron da importancia de ter un bo capital que responda en caso dun accidente ou unha situación indesexada e tamén das distintas posibilidades e apostas que MUTUASPORT fai polos cazadores e, sobre todo, os máis novos que se inician neste deporte. Posteriormente, Couselo analizou o XXV Campionato de España de Rastro de Xabaril e para eso reuniu, a través da liña telefónica, a José María Álvarez, delegado federativo galego; ao coruñés Francisco Rodeiro Eiras, cuarto clasificado na proba; Jose Manuel Fernández Fernández, subcampión de España e pertence á Federación de Lugo; e tentou ter tamén ao organizador da proba, Valentín Morán Álvarez, presidente da Federación de Caza do Principado de Asturias, pero a mala cobertura impediu a súa presenza, que será recuperada para un vindeiro programa. Todos exaltaron a grande acollida e a magnífica organización que situou este evento, nas súas vodas de prata, como un acontecemento "apoteósico", segundo os participantes.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

CAZA E NATUREZABy RADIO NOVA