RADIO NOVA

PROGRAMA EN FEMININO 01-12-2017


Listen Later

Nesta edición do programa EN FEMININO, con Milagros Domínguez, Geni Ramallo e Mary López entrevistaron a Estela Vidal e Libertad Freire, membros da coordinadora de asociación e entidades civís PONTE CALDELAS SOLIDARIAS para falar da marcha das puxas por internet, a través da rede social Instagram, e tamén da Xornada Ponte Caldelas Solidaria que vai ter lugar o vindeiro domingo 10 de decembro no pavillón de Ponte Caldelas onde haberá infinidade de actividades como unha exhibición de Taekwondo, Muay Thai, Bailes de Salón, Zumba e obradoiros para nenos, así como unha sesión vermú a cargo da Charanga Os Encerellados. Os asistentes poderán entrar de xeito gratuíto e poderán colaborar cos damnificados polos incendios a través da compra de comida e postres caseiros e tamén participando nas puxas. Ao mediodía haberá tamén un pulpeiro.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

RADIO NOVABy RADIO NOVA