Alberto Rodríguez fixo unha edición especial do programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN a modo de prólogo do programa especial que RADIO NOVA emitirá mañá a partir das 15:30 horas cos pormenores da II Subida Automobilística de Ponte Caldelas. Durante este programa entrevistou a Nonito Gómez, piloto que foi cinco veces campión galego da especialidade e a quen a organización lle dedica este ano proba. Nonito participará co dorsal número 30 aos mandos dun Citroen AX e durante a entrevista repasou as súas épocas de esplendor no mundo do motor galego. RADIO NOVA desplegará mañá tódolos seus medios humanos e materiais para ofrecerlles en riguroso direto a II Subida Automobilística de Ponte Caldelas con clasificacións en tempo real, entrevistas, anécdotas, etc. O equipo capitaneado por Alberto Rodríguez contará coa colaboración en liña de saída de Fran Regueira; a mitad de traxecto con Silvano Domínguez; e en liña de meta con Tucho Iglesias. Sigue o mundo do motor en directo con RADIO NOVA no 107.2 FM ou no Facebook RADIO NOVA FM.