Entrevista a Noelia Villaverde e Lucía Acuña do grupo "Estreliñas" (Tomeza) no programa REBOADA DE SONS
Hoxe no Programa REBOADA DE SONS Ángel Rodriguez Lale entrevistou a Noelia Villaverde e a Lucía Acuña, mestras do grupo "Estreliñas" (Tomeza). Explicaron aos nosos oíntes o nacemento deste proxecto que xurdiu dende a asociación cultural San Cibrán de Tomeza, como unha actividade para os nenos. Tamén os seus obxectivos máis próximos nos cales se topa o traspasar as nosas fronteiras e mostrarlle aos cativos como se vive a música fóra da nosa comunidade.