Este sábado terá lugar na Lama a III Xuntanza Cabalar organizada por Os da Lama e que fará unha ruta a cabalo por varios sendeiros de beleza extraordinaria e que partirá ás 16 horas (catro da tarde) desde o aparcamento de Santana. Aqueles interesados en asistir poden apuntarse no teléfono 606257102 e tamén poden participar nunha cea cuxo prato custará 20 euros por persoa (menores de 12 anos pagarán 10 euros).