Os programas de Manuel Oliveira no seu espazo Realidade e Soños.
Manuel Oliveira Gómez “Manolín” presenta o programa decano da radio na Costa da Morte. Tres son as súas paixóns: o fútbol, a poesía e a zarzuela. Nós quedámonos con dúas delas. “As poesías de Realidade e Soños reflicten o que eu sinto durante esa semana.”
De cando en vez podemos disfrutar das súas propias creacións, pero Manolín tamén adoita deleitarnos coas obras de Celso Emilio Ferreiro, Eduardo Blanco Amor, Miguel Hernández, Federico García Lorca ou Antonio Machado, entre outros moitos.