As fillas do café

Reflexionamos sobre xogos


Listen Later

Hai xogos para nenos e para nenas?
Achegámonos ó valor educativo e didáctico dos diferentes xogos tradicionais e mais actuais. A importancia do xogo como instrumento socializador.
Como xogabamos na nosa infancia no patio do colexio?
Tradicionalmente, os chicos son mais activos e ocupan mais espazo no que son os patios… as nenas son mais pasivas, xogan a xogos mais estáticos. Pero son así de xeito natural ou é porque todo ese tipo de palabras coas que nos educan nos está indicando onde debe ir cada un en función do noso xénero?
Cando te comportas de forma obediente, ás nenas se lles chama "dócil" e ós nenos, "débil"; "mandona" para as nenas e "líder" para os nenos”. Estas verbas forman parte dun cadro de palabras sobre como funcionan os estereotipos de xénero no libro de “Feminismo para principiantes” de Nuria Varela. Temos tertulia.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

As fillas do caféBy Radio Valladares