Retro-Evolución

Retro-Evolución

By ChorbyradioMusic
Download on the App Store

Retro-Evolución episodes

  • Retro-Evolución, Programa 42, Tempada 15
    A tempada 15 de Retro-Evolución despídese con so música para que bailedes e disfrutedes.
    Grazas a todos, sexades moitos ou poucos, os que pasáchedes polo aquí para escoitar o que se poñe.
    Si gustóuvos, estupendo. E si algo de que sonou fixo que buscárades e profundizárades en elo, pos mellor todavía.
    Apertas para todos!
    1 hr 1 min
  • Retro-Evolución, Programa 41, Tempada 15
    Neste programa contaremos cas novidades de Remi Carreres e Et Voilá.
    O primeiro volve outra vez a deixarnos covers de Bowie. O Bowie máis experimental da etapa berlinesa.
    Et Voilá, que é o alter ego de Carlos Vallecillos, teclista de SERCH, experimenta cos sons industriais e de Techno Ambiental por momentos escuro.
    Seguindo con Remi Carreres, que estivo en grupos como Glamour e Comité Cisne, poñemos temas de eses grupos o igual que do proxecto Coleccionistas.
    Kompromat é un dos proxecto dos franceses Vitalic e Rebeca Warrior que editaron un segundo disco no 2025 con bo Synth Pop e Electroclash.
    E iso é todo!
    1 hr 1 min
  • Retro-Evolución, Programa 40, Tempada 15
    Esta semana contaremos ca novidade do tema que acaban de editar Tato Gato xunto con Atk Epop e que soa moi fresco e disfrutable.
    Tamén cos ingleses Hot Chocolate que tiveron no séu país moito máis exito do que nos poda parecer. Pasando do Soul o son Disco deixaron unha boa presa de bos temas.
    Demis Roussos perteneció a los míticos Aprhodite´s Child xa por elo ten todos meus respectos. No ano 73 sacou un disco cheo de éxitos donde as baladas e os sons máis mediterraneos facían pasar uns estupendos momentos.
    Lavabos Iturriaga son dese entes inclasificables que nos primeiros oitenta deixaron temas que hai que reivindicar e que pode que agora estén moi esquencidos.
    E para rematar un par de temas dun recompilatorio ou máis ben playlist do 2021 a cargo do Dj Nacho Ruiz que ten bo Techno e moito máis.
    Eso é todo!
    1 hr 1 min
  • Retro-Evolución, Programa39, Tempada 15
    A semana que vén contaremos con temas dun estupendo recompilatorio que se editou en 2005 e chámase Café Sputnik, que reunía descoñecidos grupos e músicos rusos que practicaban Easy Listening basicamente, pero tamén Downtempo e demais estilos máis ou menos de moda por aqueles primeiros anos do novo século.
    Recordaremos temas do primeiro e estupendísimo disco de Nu Disco que editou o alemán Roosevelt en 2016.
    A "rareza" vén a cargo do italiano RAF, sempre lembrado por Self Control e que na cara B do maxi deixou esa que para min é unha auténtica xoia do Italo, que se chamaba Running Away.
    Coñecín ao neozelandés Jonathan Bree a través do seu tema, e vídeo, You're so Cool e desde entón a súa música namoroume. Si, porque era e é moi Cool para min en todos os sentidos. Esa canción estaba dentro do seu terceiro disco, Sleepwalking, do cal escoitaremos algo.
    E para rematar, pois recordaremos esa rara e nunca entendida reunión para un só single, e respectivo maxi, entre Mick Karn e Midge Ure. Creo que os dous non precisan presentación e After The Fashion non só soa fashion para a época, 1983, senón que ademais paréceme unha mestura perfecta entre o son dos dous músicos.
    E iso é todo!
    1 hr 1 min
  • Retro-Evolución, Programa 38, Tempada 15
    Esta semana repite Oblique porque acaba de editar novo disco. Estupendo Synth Pop.
    Como está próximo a chegar o verán, os ingleses Haircut 100 danos unha boa dosis de Pop e toques Jazzy fresquiño.
    Os nipóns YMO deixaron no LP Solid State Suvivor temás que xa son clásicos do Tecno Pop internacional.
    O Dj francés Vitalic sacóu no 2017 o disco Voyager que dende a portada ata o son pódese ver coma unha homenaxe a música Disco de finais dos setenta.
    E rematamos con temas dun recompilatorio chamado Tempo Groobeat que saliu no 2006 con sons Disco, Donwtempo e algo máis.
    Eso é todo!
    1 hr 1 min
  • Retro-Evolución, Programa 37, Tempada 15
    Esta semana contaremos cas novidades de Oblique e SERCH. Dous boísimos temas que son antesalas de próximos discos grandes.
    Na parte AOR máis radiofónica lembraremos temas de Cliff Richards e do séu albume I´m no Hero que editouse no ano 1980.
    Na parte máis Industrial e experimental contaremos con temas de Cabaret Voltaire do disco The Voice of America.
    E para rematar haberá temas do que eu chamo Minimalismo Disco a cargo de Indeep que nos deixaron en 1983 que foi o ano onde o séu One Hit Wonder, Last Night the Dj Saved my Life arrasou en listas e pistas.
    E iso é todo!
    1 hr 1 min
  • Retro-Evolución, Programa 36, Tempada 15
    A revista Ajo Blanco, editou con número 100 un cd onde se recompilaba diversos estilos Electrónicos que estaban de moda naquel remate do século XX.
    Son Techno, Techno House, Techno Ambient y algo máis que non soaban nas radios e nas televisións pero si no clubs e nos ambentes underground.
    Eso é todo!
    1 hr 1 min
  • Retro-Evolución, Programa 35, Tempada 15
    Neste programa lembraremos Tuburlar Bells con motivo de setenta e tres cumpleanos de Mike Oldfield.
    Tamén lembraremos que una obra mestra como Pet Sounds cumpre seis décadas.
    E rematamos cos eses temas menos coñecidos da alfaia de Ultravox Rage In Eden.
    Iso é todo!
    1 hr 1 min
  • Retro-Evolución, Programa 34, Tempada 15
    Esta semana teremos novidades cos novos traballos de Lluva, Mist3rfly e Viejo Café de Europa.
    Estupendos todos e que xa podedes atopar nas plataformas ou no blog propio no caso de Viejo Café de Europa.
    Y dando un chimpo o pasado, repasaremos temas do terceiro traballo de The Psychedelic Furs, Forever Now, e do único Lp que deixou a banda Polansky y el Ardor.
    Eso é todo!
    1 hr 1 min
  • Retro-Evolución, Programa 33, Tempada 15
    Programa que pederíamos chamar relexado.
    Telex, Future World Orchestra, Aphrodite´s Child, ELO, Sebastian Tellier, A-ha, F.R.David, Hurts, e algún máis, fan unha hora de música coido que moi agradable para escoitar en calquer momento de xeito tranquilo.
    Eso é todo!
    1 hr 1 min

About Retro-Evolución

From the publisher's feed

Neste programa teremos os novos temas de Cybogrdrive y Persona non grata que aparecen no recompilatorio Electric Synthicate.