Esta mañá entrevistamos a Robert López, fillo de pais galegos pero nado en Nova Iorque e director da academia de inglés The English Corner, que acaba de abri-las súas portas na Praza de España, número 2-1º (enriba de Librería El Colegio) onde ofrece a posibilidade de aprender inglés a nenos e adultos en horarios flexibles e un método eficaz e rápido. López salientou a importancia da pureza na pronunciación para poder aprender dun xeito positivo e axeitado un idioma e tamén falou da necesidade dunha aprendizaxe personalizada e adaptada ás características individuais de cada persoa. Aínda que a maioría dos seus alumnos son de corta idade, Robert López falou da importancia de coñecer este idioma universal non só para poder viaxar a calquera país do mundo senón para traballar ou ter unha maior capacitación laboral de cara ao emprego nun mundo prácticamente globalizado e que usa o inglés como lingua vehicular. Robert López é un emprendedor que fixa a súa aposta formativa e lingüística en Ponte Caldelas. Para contactar con el e coñecer mellor o seu método eficaz de aprendizaxe de inglés poden chamar ao teléfono 608 21 69 54.