En Marea elixe Ponte Caldelas para celebrar, este sábado a partir das 11 horas no Centro Cutural, unhas xornadas comarcais en Pontevedra baixo o título "Alternativa En Marea para un Territorio Vivo. Sen lume. En verde. Con futuro". Entre os participantes nesta iniciativa aberta ao público en xeral estará o voceiro nacional desta formación, Luis Villares. Entrevistamos ao coordinador de En Marea en Ponte Caldelas, Roi Márquez, quen nos falou do plantexamento aberto e participativo destas xornadas que elixen a Ponte Caldelas como escenario despois da vaga de lumes que tivo que soportar o pasado 15 de outubro.