Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • Mochila Sabedora 27 de Abril
    Atentas e atentos á pregunta desta semana!
    Porque as abellas constrúen os panais CON FORMA EXAGONAL?
    Sorteamos a taza do Salta da cama!!
    Queremos ler as respostas dos máis curiosos e curiosas da casa!
    PREMIO
    Entre as respostas recibidas levaredes:
    Unha taza do Salta da cama!!
    ️ un boli de cores de Radio Estrada
    ✨ pegatinas da emisora
    e a sorpresa de escoitar o voso nome no programa
    Sección realizada coa colaboración de Arenaria Coordinación e Coste Cero.
    Podedes participar enviando a resposta por mensaxe ó whatsapp 606 20 36 20!
    3 min
  • Mochila Sabedora do Salta da Cama
    Atentas e atentos á pregunta desta semana!
    PORQUE SE ENRUGAN OS DEDOS, DESPOIS DE ESTAR MOITO TEMPO DEBAIXO DA AUGA?
    Ademáis, sorteamos a 7ª taza do Salta da cama!!
    Queremos ler as respostas dos máis curiosos e curiosas da casa!
    PREMIO
    Entre as respostas recibidas levaredes:
    Unha taza do Salta da cama!!
    ️ un boli de cores de Radio Estrada
    ✨ pegatinas da emisora
    e a sorpresa de escoitar o voso nome no programa
    Sección realizada coa colaboración de Arenaria Coordinación e Coste Cero.
    Podedes participar enviando a resposta por mensaxe ó whatsapp 606 20 36 20!
    3 min
  • Mochila Sabedora 6 de abril
    A nosa amiga María Calvo, de Arenaria Coordinación, deixanos esta pregunta: Cómo podemos saber a idade dun peixe?
    Envía a túa resposta ó 606 20 36 20 e o venres entrarás no sorteo da taza do almorzo do Salta da Cama (se participan menores, a resposta debe ser envíada por un adulto responsable)
    3 min
  • Mochila Sabedora semana 16 de marzo!
    Abrimos de novo a Mochila Sabedora!
    Atención, atención, mentes curiosas da casa! Temos unha nova pregunta para investigar en familia…
    Por que pensades que os ovos teñen esa forma ovalada?
    Que misterio se agocha detrás desa forma tan curiosa? Será para que non rueden lonxe do niño? Para que sexan máis resistentes? Ou terá que ver coa maneira en que nacen os pitiños?
    Queremos ler as vosas teorías!
    Pensade ben a resposta… porque entre as que acerten sortearemos un premio!
    PREMIO
    Entre todas as respostas correctas sortearemos:
    ☕ unha taza do Salta da Cama
    ️ un boli de cores de Radio Estrada
    ✨ pegatinas da emisora
    ️ e a emoción de escoitar o voso nome no programa!
    Sección realizada coa colaboración de Arenaria Coordinación e Coste Cero.
    Podedes enviar a resposta por mensaxe… ou pedirlle axuda á familia para investigar.
    #MochilaSabedora #SaltaDaCama #RadioEstrada #AprenderXogando #Curiosidades
    2 min
  • Resolución da Mochila Sabedora 13 de Marzo
    A nosa científica María Calvo de Arenaria coordinación preguntou esta semana pola composición do Po (polvo) que se se forma nas nosas casas. Os saltóns e as saltonas investigaron e este foi o gañador... queres coñecelo? escoita o micro espazo!
    4 min
  • Mochila Sabedora do Salta da Cama
    MOCHILA SABEDORA — A PREGUNTA DA SEMANA
    Atentas e atentos á pregunta desta semana porque ten que ver coas conservas, os alimentos e o sal!! Ademáis, sorteamos a primeira taza do Salta da cama!!
    Queremos ler as respostas dos máis curiosos e curiosas da casa!
    PREMIO
    Entre as respostas recibidas levaredes:
    ☕ Unha taza do Salta da cama!!
    ️ un boli de cores de Radio Estrada
    ✨ pegatinas da emisora
    e a sorpresa de escoitar o voso nome no programa
    Sección realizada coa colaboración de Arenaria Coordinación
    Podedes participar enviando a resposta por mensaxe ou contando coa axuda da familia.
    #MochilaSabedora #SaltaDaCama #RadioEstrada #AprenderXogando #Curiosidades
    3 min
  • O Entroido de San Xulián de Sales, dende dentro
    No corazón da tradición dos Xenerais da Ulla, San Xulián de Sales (Vedra) volve converterse cada ano nun dos escenarios máis auténticos e vibrantes do Entroido galego.
    Nesta entrevista conversamos con Andrés, quen nos achega a visión dende dentro dunha festa que combina historia, sátira, participación veciñal e moita emoción. Falamos da preparación, do significado que ten para a parroquia, do papel dos atranques e tamén do futuro dunha tradición que segue moi viva grazas ao compromiso da xente.
    Unha conversa para entender mellor por que o Entroido da Ulla non é só unha festa: é identidade, memoria e comunidade.
    Dálle ao play e acompáñanos nesta viaxe polo Entroido de Sales.
    11 min
  • Relatos Urbanos con Ricardo Terceiro | A Discoteca Nicol’s, cando a noite era outra cousa
    Esta semana en Relatos Urbanos viaxamos no tempo ata unha das referencias da noite estradense: a mítica Discoteca Nicol’s, pero a dos tempos de Ramiro Abelleiro, unha etapa que pouco ten que ver coa realidade actual.
    Ricardo Terceiro reconstrúe a atmosfera daqueles anos: as patillas, os pantalóns acampanados, a bola de luz xirando sen descanso e unha pista onde soaban as seleccións musicais de Kiko Torrado. Falamos dos primeiros pinchadiscos, das sesións vermú, das lentas para arrimar e tamén da creatividade para manter viva a festa nos tempos máis difíciles.
    Non faltan os recordos dos concursos de baile ao estilo Aplauso ou Fiebre del Sábado Noche, nin nomes propios que forman parte da memoria colectiva, como Fernando Silva. Un percorrido cheo de imaxes, música e emoción que remata coa frase que todos lembran: “o último que barra e que peche ao saír.”
    Un capítulo de memoria viva sobre como se divertía toda unha xeración… e sobre os lugares que marcaron unha época na nosa vila.
    23 min
  • Mochila Sabedora 9 Febreiro
    En Salta da Cama — Radio Estrada 107.7 FM convidamos aos nenos e nenas a pensar, investigar e divertirse cada día.
    Como funciona?
    De luns a xoves, a mesma pregunta
    Escoita o programa de 8 a 11 da mañá
    Pensas a resposta…
    E envíala por WhatsApp: 606 20 36 20
    O venres hai premio!
    Sorteamos un boli de cores de Radio Estrada (e algunha sorpresa máis )
    Un concurso educativo feito coa colaboración de
    Arenaria Coordinación @arenariacoordinacion
    ⚠️ Aviso importante:
    Se participa un menor, a resposta debe ser enviada sempre por un adulto responsable.
    ️ Porque aprender tamén pode ser divertido
    Arriba, perna cativa!
    5 min
  • Discoteca Lennon no Entroido.
    Esta semana en Relatos Urbanos con Ricardo Terceiro, viaxamos ao corazón das noites de festa da comarca: a mítica Sala Lennon, un auténtico faro da xuventude galega durante décadas. Un espazo que competía en brillo e personalidade con outras salas lendarias como Chanteclair, Dafnys y Cloe, A Condesa, Saturday ou Dona Dana.
    Recordamos aquelas noites de sábado nas que as mellores orquestras —Canadá, América, Solano— facían vibrar a pista, sempre baixo a batuta de Kiko Torrado, coa súa voz inconfundible polos avisos de micro. E, como non, mergullámonos no Entroido, cando a Lennon repartía algúns dos premios económicos máis altos da contorna nos seus concursos de disfraces.
    Falamos tamén doutros clásicos da época: os concursos de Miss, as atraccións de primeiro nivel que pasaron polo seu escenario —Mecano, Alaska, Barón Rojo, Mocedades, Tino Casal— e o inesquecible Tekele Show de Piñeiro, que marcaba tendencia e encheu de humor e espectáculo a sala.
    Pecharémolo lembrando a inevitable decadencia das grandes salas de festas, un fenómeno que transformou para sempre a vida nocturna galega.
    Un episodio cheo de memoria, música e historias que forman parte da nosa identidade colectiva.
    23 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!